mércores, 5 de decembro de 2007

CHISPA CUMPLIU O PROMETIDO



Onte chegou ao cole a maleta de Chispa. Soou a súa música máxica e démonos conta de que andaba por alí. E así foi; en menos dun minuto, o noso conserxe baixou as escaleiras que separan a entrada do colexio das aulas. Baixou cargado coa maleta, coma tantas outras veces. Desta vez os libros que viñan dentro eran para os máis pequenos: para Infantil, para primeiro, segundo e terceiro.

Cando chega esa maleta sempre se fai o mesmo: primeiro fai un percorrido polas aulas que indica a carta e despois de que todos os nenos e todas as nenas vexan os libros, repártenos e quedan cos que máis lles gustan, na aula. Pasados uns días teñen que levalos para a Biblioteca para que sexa colocado no seu lugar correspondente e poda ser visto polo resto.

Esperamos que moi axiña chegue a maleta cos libros para os maiores. Estamos desexando ver máis novidades!

Ningún comentario: