luns, 21 de xaneiro de 2008

CAMIÑANDO CARA Á PAZ XUNTO AOS OUTROS BLOGS DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA

Desde aquí queremos amosar o noso agradecemento a todas aquelas persoas que traballaron para que estes días poidamos participar dun traballo conxunto e representativo de toda a Comunidade Escolar.

Dentro desta rede colaborativa e no noso empeño por reflexionar sobre a importancia da non violencia, aportamos hoxe o vídeo "Poemas pola Paz", unha marabillosa iniciativa que se produciu na vila de Guernica 70 anos despois de ser arrasada polas bombas en 1937, e que nesta ocasión sería bombardeada por poemas: converter a dor en arte, cambiar bombas por poesía, solucionar os conflitos con palabras.




Achégase a celebración do Día da Paz o 30 de xaneiro , data na que lembramos a figura de Gandhi como exemplo da práctica da non violencia .Violencia é que ainda no século 21 ,os dereitos das nenas e nenos de todo o mundo seguen sen respectarse. Pois ben, queremos achegarvos un poema de Xosé María Álvarez Blázquez , escritor que vai ser homenaxeado no Día das Letras Galegas de 2008.
Fálanos duns nenos que teñen que vivir na rúa , da esmola da xente, e como ata algunha xente lles chega a parecer “ normal” esta situación tan inxusta.

Non é certo que os nenos teñan fame
Non pode ser.
Ben o sabedes todos
os que andades no mundo atafegados
á percura do pan dos vosos fillos.
Ises outros que vedes pola rúa
pedindo esmola,
non teñen fame, non, porque daquela
vos teríades morto de vergonza.E ben vos vexo andar nos vosos
coches ou nos tranvías, a berrar de cousas
estranas: -¡viva, beba, baba, buba¡-sen reparar naquil esfarrapado
que coa moura mauciña está petando
na porta de ferro.Por iso penso que non é verdade
o que algún caviloso di dos nenos
que andan así petando pola vida.-¡Non, home, non!- lle dixen a un
de aqueles
-A xente pasa leda......¡Fora boa
que andivesen a rirse dos seus crimes! .
Xosé María Álvarez Blázquez(Tui 1915-1985)

3 comentarios:

Anónimo dixo...

Paréceme unha iniciativa moi acertada. Felicidades polo esforzo.

Anónimo dixo...

A nòs nos gustarianos que a paz se celebra todos los diás.

Anónimo dixo...

Nos encatò el video de la paz,
y el cuadro de las fotos.





Nuria y Ruben_4ª