Nos cursos de 4º, 5º e 6º de Primaria viron un audiovisual do libro "Artefactes" de Kalandraka. A partir de aquí preparamos a actividade "Escritores na Biblioteca".
Ao igual que o ano pasado, tratamos de formar grupos con alumnado diverso, no que cada un terá unha misión, un cargo, e polo tanto, unhas resposabilidades que avaliará ao remate da actividade. Así mesmo, deberá ser un traballo en equipo, colaborativo no que ninguén poida quedar atrás. Uns deben axudarse aos outros e así cumplir cun dos principais obxectivos do traballo, que é conseguir escribir un conto partindo, por exemplo, de tres palabras que descubran na bóla de papel que se atopa dentro, tratando de escoitar e respectar as ideas de todos e todas.
Onte tamén vimos as páxinas, que cada curso elaborou, do que vai ser o libro colectivo da PAZ. Aínda falta montalo, preparar a portada... pero puidemos escoitar de primeira man aos seus autores e autoras e reflexionar sobre todas as ideas que aparecen. Cando estea acabado presentarémolo no blogue e circulará polas aulas para traballar con el.
3 comentarios:
PROFE SON NEREA, O LIBRO QUEDOU XENIAL BUENO ABUR,FELIZ ENTROIDO A TODOS
ADIOS
AUPA PAZOS!!!!!
OLA SOY MICHEL QUERIA DECIR QE ES LA PRIMERA VEZ QUE VEO ESTE BLOG ESCOLAR PARECEME XENIAL NORAVOA ROS.ROD//ROSANA, SON O CURMAN DE A ALUMNA TUA NEREA.
ADIOS
A Raioteca parécelle moi interesante a actividade: "Escritores na biblioteca" e está desexando ver o voso libro da paz 2008. Saúdos e un bico especial para Chispa.
Publicar un comentario