martes, 5 de febreiro de 2008

Entroido en Pazos

Estas son algunhas fotos da celebración do Entroido no noso cole. Tiñan que estar acompañadas dos testamentos que as clases dos maiores prepararon para a queima do Meco, pero o tempo non nos acompañou e tivemos que deixar todo para a volta das vacacións. Daquela veremos máis fotos e leremos os testamentos.
A primeira hora traballamos nos obradoiros facendo caroutas, antifaces e enredos,
despois fixemos o desfile e comemos todos xuntos.
Vimos dúas películas: os máis pequenos, "Heidi", na Biblioteca; e os maiores, "El libro de la selva".
A festa continuou pola tarde, xa que a ANPA preparou unha gran festa con comida e animación incluídas.

2 comentarios:

O Segrel do Penedo dixo...

Vaia festa de entroido!!
Parabéns aos organizadores/as.
Ah, nós tamén queimaremos o Meco á volta...
Unha aperta dende Fene

Anónimo dixo...

hola son unha nena do cole, é para a miña opinion é un cole estupendo, lastima que me teña que ir para o ano


ata outra



N.P.O