martes, 4 de marzo de 2008

Contacontos de Kalandraka


Este luns visitáronnos Ana e Pablo. Os nenos e nenas de Infantil, 1º, 2º e incluso os de 3º disfrutaron da música e dos contos que contaron. Nesta ocasión "A bañarse", "Crocodilo namorado", "Lúa" e "Chibos, Chibóns" foron os contos escollidos. Colaboraron acompañando os contos, cantando e tocando palmas; ademais como temos os contos na Biblioteca, poderán lelos de novo cantas veces queiran. Moitas grazas Ana e Pablo polo voso entusiasmo, esperamos vervos de novo moi axiña.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Gustaríame saber dun conto de Kalandraka ou de calquera outra editorial galega para traballar o masgosto ou o outono, tamén me serve unha lenda.

Se me poden axudar o meu correo é
vania.vila@yahoo.es