domingo, 30 de marzo de 2008

DÍA MUNDIAL DO TEATRO; TAMÉN NA NOSA ESCOLA, NA NOSA BIBLIOTECA

País dos libros, 27 de marzo de 2008



27 de marzo
HORA de dramatizar e recitar!
Mmmmm...! Que boa pinta ten isto!



Recordades estas imaxes?
Chis-chis-plof-plof
Claro! É o noso Teatro Jofre
Chis-chis-plof-plof
Este curso xa lle fixemos dúas visitas, pero hoxe tócanos:
Teatro no cole! para celebrar o
DÍA MUNDIAL DO TEATRO...
Preparados e preparadas?
Seguro que entre a poesía e o teatro imos ter unha mañá moi movidiña.
Chis-chis-plof-plof


Shhhh!! Vouvos contar un segredo, que hai moito que non vos conto un, vale?
Shhhh!! Hoxe erguinme moi cedo; creo que eran as cinco da mañá. Vaia madrugón!
Senteime a escribir esta carta para que chegase pola mañanciña á Biblioteca antes ca ninguén. Menuda cara que se lles debeu quedar ás profes cando viron a miña maleta na Biblio. Hi, hi, hi! Non quería perderme nada do que ides facer e ademais quería desexarvos moita sorte. Que todo vos saia moi ben! Eu vou estar mirando por un furadiño pequerrechiño, pequerrechiño, pequerrechiño, pequerrechiño...


Cinco bicos moi grandes da vosa amiga
Smuac, smuac, smuac, smuac, smuac...!!!!!
Esta era a carta que nos chegou o día anterior a celebrar o Día do Teatro no cole. É a carta de Chispa que podedes ver, se picades, no seu formato orixinal. Tamén podedes vela en "Historia dunha Meiga", onde imos gardando toda a correspondencia da nosa Chispa.
Despois destes bos desexos da nosa meiga, aquí tedes algunhas imaxes das dramatizacións. Quédanos todavía por contar todo o que aconteceu en torno á poesía: houbo contadora de poemas, "Xogando coa poesía" e actividades plásticas. Non deixedes de mirar nesta gran ventana da nosa Biblioteca, moi axiña teredes novas de todo isto.





1 comentario:

Anónimo dijo...

OLA a todos e a todas, a min encantáronme as obras e sobre todo "Os dous lacazans que querían casar con Dona Endrina"
Bicos de Alba.