mércores, 5 de marzo de 2008

VISITA AO CAMPUS DE ESTEIRO, EN FERROL, CUN POUCO DE ARTE


Hai apenas unhas horas que deixamos o Campus de Esteiro. A nosa visita durou perto de dúas horas e aproveitámolas para escoitar as explicacións dos profesores e alumnas que nos guiaron polos diferentes departamentos.

Explicáronnos un pouco da historia dos vellos e novos edificios que agora compoñen este Campus de recente creación. Na época da raíña Mª Cristina, entre os anos 1894 e 1902, o enxeñeiro francés, Casimir Tollet, ideou o proxecto do antigo Hospital Militar. Moitos anos máis tarde, será o arquitecto municipal e da Armada, D. Rodolfo Ucha Piñeiro quen deseñe o proxecto para a construción dun pavillón destinado a Xefes e Oficiais. Fixemos unha visita por entre os distintos edificios do campus. E...
A continuación dirixímonos ao edificio de "Salas tecnolóxicas"; alí amosáronos un encantador robot en forma de can que fixo as delicias de todos nós, grandes e pequenos. Logo atendemos ás explicacións das estudantes de Enfermaría e de Podoloxía.


Cando estamos tan perto de celebrar o "Día da Muller Traballadora", atopamos unha interesante exposición de pintura nas dependencias da Escola Universitaria de Enfermaría e Podoloxía da man de Carmen Martín, unha pintora galega nada en Winterthur (Suiza) en 1971, e afincada actualmente en Ferrol. "Exposición de pies" é o nome deste conxunto de pinturas.

No seu blog podedes acceder a todas as súas obras; a nós encantáronos. Ademais na "Escola Aberta de Arte" poderedes difrutar da súa experiencia e máis da de Miguel-Anxo Varela, o seu home. Desde aquí enviámoslle a Carmen Martín os nosos parabéns polo seu traballo.

2 comentarios:

Carmen Martin dixo...

Chispa, muchas gracias por incluirme en vuestro blog. Me ha encantado ver las cosas que hacéis y, bueno, al ver este blog tan activo y vivo sólo puedo ofrecerme para lo que queráis. A mí me encantaría ir a vuestra biblioteca para pintar y así conoceros.

Si te parece bien, hablamos...

Felicidades por el blog. Yo ya te enlacé en el mío.

Carmen Martin dixo...
Este comentario foi eliminado polo autor.