Unha xornada completa; iso é o que foi. Toda a mañá e toda a tarde pintando, e pintando ...
-... Pero, non te cansas?
- Que va! Ao revés, canto máis pinto máis necesito pintar.
Algo así foi o que nos dixo Carmen cando xa levaba, os tres primeiros cadros. E aínda pintou cinco máis. O seu bo humor, a súa sensibilidade e a súa profesionalidade xunto cos nosos nenos e nenas, @s profes, algunhas familias e compañeiros doutros coles, que se achegaron por alí, encheron a Biblioteca de arte, risas e sorrisos, color e calor.

Invitámosvos a ver algunhas fotos para compartirdes con nós un pouco da súa luz.
Aquí tedes o enlace ao seu blog.
6 comentarios:
¡Que experiencia tan bonita!.Vese ben que todos disfrutastes moito.Noraboa por este traballo tan orixinal e interesante.Pena que estemos tan lonxe, senón habiamos de estar ahí, con vós,..
Unha aperta dende Moaña
Parabéns Rosana e equipo por esta fantástica iniciativa.
É un verdadeiro placer ver como disfrutarons os vosos rapaces e rapazas. Nótase nas súas caras!!
Canto daría por ter estado aí!!!
Apertas dende Fene.
FOI UN DÍA MOI ESPECIAL, DESES QUE QUEDAN GRAVADOS NA MEMORIA E NO CORAZÓN PARA SEMPRE.
GRAZAS CARMEN POR DELEITARNOS COA TÚA ARTE E COA TÚA SIMPATÍA.
¡Que bonito!
Os libros e a pintura... todo inmortal e duradeiro.
Tamén no recordo dos que hoxe son pequenos e mañá....
Bicos
Olga
Nós tamén o pasamos moi ben!
É unha gozada a vosa biblioteca e o ben educados que están os nenos.
Admitides pintores como alumnos?
Dicídelle a Mari Luz que Cuca lle manda un bico por José.
Grazas novamente por nos tratar tan, tan ben.
¡Que envexa! (sana, por suposto) encantaríame poder estar aí. Noraboa pola idea e, sobre todo, noraboa Rosana! Bicos dende Ordes.
Publicar un comentario