domingo, 18 de maio de 2008

CELEBRACIÓN DAS LETRAS GALEGAS, O VINDEIRO MARTES


O vindeiro martes, 20 de maio, xuntarémonos na Biblioteca para celebrar o "Día das Letras Galegas".


Veremos unha proxección visual dun poema: "O año pitaño", e escoitaremos moitos outros poemas recitados e cantados de "Roseira do teu mencer", de Xosé María Álvarez Blázquez.

Chispa enviou a carta (que, coma sempre atoparedes en "Así naceu Chispa, historia dunha meiga") na que anuncia esta homenaxe, e o Boletín da Biblioteca recorda tamén a este escritor.

Temos unha cita o vindeiro martes, non faltedes!!

Ningún comentario: