lunes, 27 de octubre de 2008

NO COLE DE PAZOS INAUGURAMOS A NOSA BIBLIOTECA, A NOSA SOÑOTECA, COMA BEN DI ANTÓN.

Hoxe é día 27, o cuarto luns de outubro. Que mellor día para celebrar unha inauguración tan esperada? O "Día das Bibliotecas Escolares", despois de unir esforzos, conseguimos preparar todo para este momento tan especial.


Tivemos a sorte de reencontrarnos con moita xente querida, que xa marchou do colexio: o noso conserxe, mestres e mestras, ex-alumnos e ex-alumnas coas súas novas profes do IES de Catabois... Ademais estiveron alí outros compañeiros e compañeiras dalgunhas Bibliotecas Escolares dos coles e institutos da nosa comarca: "O Segrel do Penedo", a Biblioteca do CEIP Manuel Masdías, a de San Xoán de Filgueira, a do CEIP de Esteiro e a todos eles agradecemos tamén a súa presenza.

Achegáronse tamén ata o colexio os pais e nais, amigos e representantes das AA VV; e todos xuntos escoitamos a presentación do Director e as palabras de eloxio, ánimo e apoio da Concelleira de Educación, Mercedes Carbajales, e do Alcalde de Ferrol, Vicente Irisarri. A continuación, a Encargada da Biblioteca leu unha carta de Chispa chea de gratitude a todas as persoas que colaboraron desde o principio con este proxecto de mellora. Alberto e Nerea de 6º curso de Primaria representaron ao alumnado coa súa particular e sincera visión da Biblioteca e, por último, o noso compañeiro, escritor, mestre, asesor e amigo, Antón Cortizas "fixo das súas": falou, contou e engaiolou a todos os presentes coa súa verba enxeñosa e fresca. Grazas a todos e todas.









5 comentarios:

O Segrel do Penedo dijo...

Parabéns pola inauguración da vosa "Soñoteca", ese espazo máxico cheo de proxectos que esperamos seguir compartindo.
Para "O Segrel" foi un placer estar con vós neste Gran Día.
Boas lecturas!!!!

Andrade39A dijo...

Parabéns por esta fantástica biblioteca. Que fermoso acto de inaguración. Nótase o entusiasmo e as gañas de facer as cousas ben.
Moitas felicidades Rosana. Estou desexando ver esa biblio en vivo e en directo. Un bico.

María José dijo...

!Noraboa por esa biblioteca tan chula que tedes!!!!
!É preciosísimaaaaaaaaaaaaaa!!!
Seguro que os rapaces están disfrutando xa dela!!
Biquiños Rosana e tamén para o Equipo da biblioteca.
Cuchi

Antonio Alonso dijo...

Detrás de tanto esfuerzo aparece esta hermosa biblioteca. Rosana tu trabajo es un ejemplo para much@s, FELICIDADES !!

cataboisbiblio dijo...

Querida Rosana:
¡Enhorabuena por la inauguración de esa preciosa biblioteca!. Me consta que para vuestros ex-alumnos (hoy alumnos nuestros de Catabois) ha sido un motivo de orgullo participar en ese acto. Para sus nuevos profes constituye todo un ejemplo y estímulo. Queremos que sigan disfrutando con la pasión de los libros que desde pequeñitos les habéis inculcado en Pazos, pretendemos seguir vuestros pasos para que el cambio a la ESO no suponga una ruptura en ese camino, sino todo lo contrario: una maduración. Gracias por contar con nosotros, compañeros.
Muchos besos desde Catabois:
Pilar