luns, 10 de novembro de 2008

A CASTAÑA: "A miña historia en 12 viñetas"

Mañá celebraremos o magosto no noso colexio. Este ano retrasámonos un pouquiño pero, por fin!, aquí está. Faremos colares, comeremos castañas, xogaremos; cantaremos "O misterio do Samaín"(está ben, está ben, imos un pouco retrasados pero enseguida collemos o ritmo), unha canción do noso ex-profe Jesús; e veremos algún audiovisual. Tamén bailaremos as BUXAINAS, e leremos o Manifesto de Antón Cortizas.
En definitiva, mañá falaremos do OUTONO en "primeira persoa".

FELIZ MAGOSTO A TODOS E TODAS!

1 comentario:

Anónimo dixo...

bua profe lo pasamos muy bien no lo puedo recordar.






SOY DIEGO 6º