martes, 11 de novembro de 2008

MAGOSTO, BUXAINAS, SAMAÍN, MÚSICA, LIBROS E XOGOS.

Aquí están as fotos do día de hoxe. Que as disfrutedes!

3 comentarios:

O Segrel do Penedo dixo...

Pois para celebralo unha miaxiña tarde, non vos faltaba ningún detalle... Parabéns.
Ei, a profe tocando a guitarra? Prepárate para o próximo encontro Plambeiro!!!
Apertas dende Fene.

O Segrel do Penedo dixo...

Magosto, buxainas e contos
festas e máis Samaín
pero que ben o pasades,
eu quero a ese cole ir!!

Quero ir de festa convosco,
na vosa biblio ler,
quero ir vivir a Pazos,
así envexa non ei ter.

Feliz Semana da Literatura de Tradición Oral!!
Bicos dende Fene

Chispa dixo...

Xa sabemos que es poeta,
non o podes remediar,
e aos poetas recibimos,
se nos queren visitar.

De poetas e poetisas,
de pintores da ilusión,
de escritoras, de lectores
enchemos o corazón.

Un bico para o Segrel do Penedo desde o corazón da Biblio.