A educación xoga un importantísimo papel, e cómpre traballar desde o colexio e as familias para formar aos futuros adultos e adultas no respecto aos demais.
Pero ademais, estes días atrás, no segundo e no terceiro ciclos lemos "Xela volveuse vampira" de Fina Casalderrey, da colección "Contos para a igualdade", de Baía Edicións.
No conto, Breixo, un alumno de Xela, descubre os malos tratos que sofre a súa profesora e, coa axuda de Rute, consegue axudala a recobrar a súa vida normal.
Mañá, na Biblioteca, veremos o audiovisual que acompaña este conto e reflexionaremos, unha vez máis sobre un problema.
Ningún comentario:
Publicar un comentario