mércores, 5 de novembro de 2008

SEGURIDADE NUN MESMO: Mr. Magorium y su Tienda Mágica



Dentro do Programa de Prevención de Drogodependencias CINENSINO o alumnado de 5º e 6º viu a película "Mr. Magorium y su tienda mágica". Grazas á Unidade Didáctica que este programa facilita, puidemos traballar e reflexionar sobre a importancia e os aspectos relacionados coa autoconfianza. Reflexionar sobre como se ven a si mesmos e como os ven os demais.
Mr. Magorium posúe unha tenda de xoguetes máxica que fai as delicias de nenos e adultos, cando está a piques de cumprir 243 anos, decide traspasarlla a Molly, a súa encargada desde anos atrás, quen non pode comprender nin aceptar a idea de que a Mr. Magorium "lle chegou a hora". Mr. Magorium explica nun momento da película que hai anos atopou na Toscana uns zapatos tan fermosos que decidiu mercar moitos pares, tantos como necesitaría ao longo da súa vida. Decide "marchar" porque leva posto o último par, e xa está velliño.

A tenda máxica tamén se rebela ante a marcha do seu dono e a confianza de Molly en lles devolver a alegría aos xoguetes debilítase pouco a pouco, soamente o pequeno Eric e o mozo contable, Henry, poderán axudala a recuperar a súa fe na maxia e en si mesma.

FICHA TÉCNICA:
Dirección y Guión: Zach Helm.
Reparto: Dustin Hoffman, Natalie Portman, Jason Bateman, Zach Mills.
Producción: James Garavente y Richard N. Gladstein.
Música: Alexandre Desplat y Aaron Zigman.
País: EE.UU.
Año: 2007.
Duración: 94 min.
EDAD: A partir de 6 años.

3 comentarios:

Anónimo dixo...

Gustoume moito a pelicula porque é preciosa é te ensina a saber que a autoconfianza e necesaria.

Anónimo dixo...

hola son unha alumna de sexto curso
e gustoume a pelicula porque ensinate que ahi que ter autoconfianza aconsello a todos que veades a pelicula.

Anónimo dixo...

Ola, gustoume moitísimo a peli; ensina que hai que confiar en si mesmo. ÁNIMO CHICOS!!!!!!!!