Recén saidiños do forno; aínda mornos, "Sopra neste furadiño..." e "Vestida co arco da vella" pousan e repousan xa nas mans de Chispa. Hai escasas tres horas foi a presentación na Galería Sargadelos. Antón Cortizas, xunto aos ilustradores Leandro Lamas e Spela Trobec, contou a longa historia de cada un deses libros; desde que naceron da súa man nun papel, hai xa dez ou quince anos, ata atopar unha xanela aberta para poder facer realidade a súa coidada publicación en Edicións Embora.
NORABOA AOS TRES POLO RESULTADO. SON UNHA PRECIOSIDADE.
E UN BICO AGARIMOSO PARA ANTÓN. GRAZAS POR COMPARTILOS CON NÓS.
3 comentarios:
Grazas por esta información, de tanto interés para os/as que non puidemos asistir.
Dende a biblioteca do cole de Andrade desexámosvos felices festas e un merecido descanso vacacional.
Bicos de Nadal.
Unha forte aperta de Raioteca para Chispa.
Por un ano cheo de saúde, boas lecturas e mellores amizades coas que compartir momentos inesquecibles.
Felices Festas
Bicos dende Fene!!
Que o ano que chega sigades facendo tantas e tan bonitas actividades no cole.Unha aperta moi grande dende os vosos amigo e amigas da biblioteca do CEIP Quintela de Moaña.
Biquiños
Publicar un comentario