xoves, 11 de decembro de 2008

A HORA DOS AGASALLOS

Na recén estreada película, Anjé, Marí e todos os seus amigos terán que traballar duro se queren que a paz volva á aldea. Os máis vellos están incomodados entre eles, desconfiados. A culpa de todo tena un estranxeiro, que tivo un accidente de avión nas montañas do redor. Prometeu diñeiro e sona para quen lle atope o avión.
Pero as cousas hanse enguedellar aínda máis cando o reloxo máxico de Olentzero desapareza. Sen el non poderá parar o tempo e, por iso, non dará repartido os agasallos na noite de Noiteboa.

Ningún comentario: