mércores, 25 de febreiro de 2009

DÍA INTERNACIONAL DO IMPLANTE COCLEAR. 52 ANOS DESDE O PRIMEIRO IMPLANTE.

O 25 de febreiro é o Día Internacinal do Implante Coclear, data na que se celebra o aniversario do primeiro implante coclear europeo e mundial polos doutores franceses Djourno e Eyres no ano 1957.
Grazas a estes aparatos o mundo dos sons e da linguaxe abriuse para moitas persoas con deficiencias auditivas profundas. Pasaron xa 52 anos desde o primeiro Implante Coclear e cada ano avánzase un pouco máis, esperando que algún día os avances científicos e pedagógicos contribúan á superación total das limitacións asociadas á deficiencia auditiva.

Para máis información: http://www.implantecoclear.org/


Libros para adultos:
Adoración Juárez y Marc Monfort. “Algo que decir”. Entha Ediciones
Belén Herrán Martín. “Guía técnica de intervención logopédica en Implantes Cocleares”. Editorial síntesis.
Hilda M. Furmanski “Implantes Cocleares en niños” Nexus ediciones
Gill Datta, Suzanne Harrigan “Implantes cocleares para niños pequeños sordos. Las primeras palabras.”


Libros para nenos:
“El secreto del abuelo”. Generalitat de Catalunya..
"Mis primeros signos: diccionario en Lengua de Signos para niños y niñas". Cnse
"Pepe Cuentacuentos y otros cuentos". Cnse

* Colección Animacuentos . ONDAEDUCA


IMPLANTES COCLEARES.
O Implante Coclear é un transductor que transforma os sinais acústicos en sinais eléctricos que estimulan o nervio auditivo. Estes sinais eléctricos son procesados a través das diferentes partes das que consta o Implante Coclear, as cales se dividen en Externas e Internas:
Externas: Micrófono (1): Recolle os sons, que pasan ao Procesador. Procesador (3): Selecciona e codifica os sons más útiles para a comprensión da Linguaxe. Transmisor (4): Envía os sons codificados ao Receptor (5).
Internas: Receptor-Estimulador (5): Implántase no óso mastoides, detrás do pavillón auricular. Envía os sinais eléctricos aos electrodos. Electrodos (6): Introdúcense no interior da cóclea (8) (oído interno) e estimulan as células nerviosas que aínda funcionan. Estes estímulos pasan a través do nervio auditivo (7) ao cerebro, que os recoñecen como sons e teñen -entón- a sensación de "oír".
Ambas partes (externa e interna) póñense en contacto por un cable (2) e un imán (4).



Prácticamente todos os Implantes Cocleares actuais corresponden á descrición que se fixo hai un momento. Hai diferentes marcas no mundo. Algunhas delas, as máis antigas, eran monocanles; é dicir, tiñan unha soa canle ou un so electrodo. Os primeiros Implantes no mundo son dos anos cincuenta.
Actualmente, implántanse multicanles e a tecnoloxía entre os uns e os outros (dos que hai no mercado) é moi parecida, aínda cando entre uns e outros existen diferenzas técnicas. As diferenzas máis visibles son o tamaño do procesador (petaca o retroauricular) e o tipo de pilas usadas para a súa alimentación: pilas normais de 1,5 V, recargables, tipo botón...

1 comentario:

Anónimo dixo...

No noso colexio temos un neno con implante cloclear, grazas a eso pode ir aprendendo a superar as súas limitacións.
Moi interesante o voso traballo. Vamos recomendarllo a profe de AL e tomamos nota dos libros que recomendades.Agradecemos que alguén se acordara hoxe deste acontecemento.
María do ceip de Cervo