xoves, 12 de febreiro de 2009

QUE SON 200 AN0S??



Charles Darwin, un naturalista inglés que sentou as bases da teoría da evolución. Hoxe cúmplense 200 anos do día do seu nacemento.
Na Universidade de Cambridge aprendeu a ser un observador meticuloso e coidadoso dos fenómenos naturais e naceu nel a súa paixón polo coleccionismo de especímenes. Cando tiña 22 anos foi invitado a bordo do barco inglés de investigación "Beagle", como un naturalista nesta expedición científica arrededor do mundo.

Podedes aprender un pouco máis no libro "De viaje con Darwin". Atoparédelo nos andeis da nosa Biblioteca.


1 comentario:

Encarna dixo...

Xa te estabamos a votar de menos na blogosfera, sobre todo esa magnificas fotos que sempre atopamos no voso blog. Benvida.
Moitos bicosssssss.
Raioteca.