xoves, 12 de marzo de 2009

BOLBORETA- Títeres Trompicallo




"Bolboreta é a historia dun monstro peludo, un rei egoísta e unha nena valente capaz de vencer todos os obstáculos para salvar os seus seres máis queridos."
Onte, a Infantil e 1º ciclo de Primaria tocoulles visitar o Tatro Jofre, coma aos maiores o día anterior. Os Títeres Trompicallo foron os encados de que estes bonecos cobrasen vida e de que os pequenos pasasen un bo ratiño na súa compaña.
Ambas visitas realizáronse grazas ao programa de actividades que Caixanova oferta aos escolares de Ferrol.
Aquí vos deixamos unha fotos que puidemos facer antes de que empezase a función, e tamén a da saída, como vén sendo tradicional.
Ata a próxima!!

1 comentario:

Anónimo dixo...

E o ben que se portaron? Da gusto ir con eles a calquera sitio. Dimos exemplo, aínda que éramos dos máis pequerrechos!!!