luns, 9 de marzo de 2009

MAU e PIN con XERAIS na nosa BIBLIOTECA

Hoxe tivemos unha visita moi agradable para os nenos e nenas de Infantil e para o 1º ciclo e 3 curso de Primaria. Felicidades a Mau e a Pin porque nos fixeron pasar un bo rato, porque nos contaron unha historia (e iso a nós gústanos moooooito) e porque, por riba, a historia tiña ilustración ( e así, gústanos máááááááísss), ¿que tres razóns máis fenomenais para agradecerlles o seu paso pola biblio de Chispa??

Polo correo do vento é a nova colección de libros infantís de Xerais. Está destinada aos primeiros lectores. O texto é de Mau (Enrique Mauricio Iglesias ) e o ilustrador Pin (CarlosÁlvarez Taboada).
Os personaxes destes tres contos fan un percorrido por Galicia :
"Mariquiña a carteira andoriña", viaxará polas cidades galegas. "Hugo o carteiro teixugo", achéganos ao interior; e "Xelo o carteiro xurelo", percorre algúns dos espazos naturais das nosas costas.
Xa temos estes libros na nosa BIBLIOTECA, listos para ser emprestados aos máis pequenos. Recomendámosvos que lles botedes un vistazo xa que traen un anexo con actividades para traballar na clase ou na casa.

ATENCIÓN!!! DEIXÁRONOS O DEBUXO PARA QUE LLE DEAMOS COR!!!
ESTÁ NA BIBLIOTECA E, TODOS OS QUE QUEIRADES PARTICIPAR NON TEDES MÁIS QUE ACHEGARVOS POR ALÍ!!
SAÚDOS A TODOS E FELICES LECTURAS!
BEN POLOS CONTACONTOS E BEN POLOS ILUSTRADORES E ILUSTRADORAS!!

Ningún comentario: