jueves, 26 de marzo de 2009

SACAPENAS para GAZA e UNHA VISITA...


¿Verdade que é fermoso ver escrito BIBLIOTECA en árabe?

Coa música de fondo de Tontxu "Los muñecos Quitapenas", hoxe recibimos a visita de Nagi e Aya, os responsables de traducir a carta que acompañará aos bonecos SACAPENAS a Gaza.

* Esta é a versión en árabe:

اعزاءي اطفال وبنات غزة

نحن اطفال ثانوية الباسوس في مدينة **فيرول** باقليم *قاليسيا* بمملكة اسبانيا نرسل لكم هذه الدمي التي صنعناهابايدينامع كل حبنا واملنا ان تساعدكم وان تزيح عنكم كل الهم في لحظة وانتم نيام وهية تسمي ازالة الالم

حكاية هذه الدمي في الاصل اتت من اقواتيمالا حيث كان الاطفال في هذه الدولة معتادون ان يحكو جميع ما يضايقهم لهذه الدمي قبل ان ينامو ويضعونها تحت وسائديهم وفي الصباح عندما يستيقظو يجدو كل مشاكلهم قد حلت**هذه العادة بدات بالانتشار بين كثير من اطفال العالم

املنا كلنا هو ان تتناقص الحروب في هذا العالم الي الحد الذي نستيقظ يوما ولا تكن هناك حرب **نحبكم وكلنا امل ان تتحقق جميع احلامكم *** اطفال وبنات ومعليمي ثانوية الباسوس

Premede aquí se a queredes escoitar. É unha recomendación de Chispa porque a ela gústalle moito como soa na doce voz de Aya.
* E esta é a versión en galego, que Nerea se encargou de idear, e non está gravada porque todos sabemos lela moi requetebén:

Queridos nenos e nenas de Gaza:
Somos do Colexio de Pazos de Ferrol, en Galicia (España). Mandámosvos estes bonecos sacapenas feitos por nos mesmos, con todo o noso cariño, para que as vosas preocupacións se borren nun intre, mentras durmides.

Os bonecos Sacapenas teñen a súa orixe en Guatemala. Desde fai moitos anos, os nenos guatemaltecos fabrican estes bonecos con pauciños de madeira e restos de tea e fíos. Pola noite, á hora de se deitar, cóntanlle unha preocupación a cada un deles e colócanos baixo a almohada. Deste xeito os nenos espértanse á mañán seguinte sen preocupacións. Esta costume estase a extender por distintas partes do mundo.

O noso deseo é que as guerras diminúan ata o punto de que un día xa non existan. Enviámosvos unha aperta coa esperanza de que este desexo pronto se faga realidade.

Os nenos e nenas, e o profesorado do Colexio de Pazos.

Despois desta visita soubemos un pouco máis do mundo árabe; desde Mauritania, o seu país de orixe, ata Gaza, que é o fío condutor de toda esta interesante actividade.

Achegámonos ao mapa, soubemos da súa escritura, de como len, e ensináronnos un libro de contos e contestaron ás interminables preguntas cunha paciencia...

Nagi fixo unha lectura compartida do conto de Kalandraka "Sacapenas". Compartida porque puidemos escoitala alternativamente nas dúas linguas; nós liamos en galego e el, en árabe. Como son linguas tan distintas e teñen unha sonoridade tan diferente, causábanos unha marabillosa sensación; foi un regalo para os nosos oídos.


Por último, Chispa sabía que debía agasallar aos nosos invitados cun recordo da nosa Biblioteca, e que mellor que "Sacapenas" para cando naza a súa filla Sofía? Para que cando xa entenda un pouquiño poidan contarlle esta historia tan bonita. Como nos adiantaron que non falta moito, desexámoslles que sexan moi felices con esa nova chegada e esperamos velos moi axiña. Ah!! E non esquecemos que nas dedicatorias que nos deixaron escritas, Aya expresou o seu desexo de que Sofía sexa unha futura alumna do noso colexio. Tomamos nota!


Bicos e moitas, moitas grazas aos dous!

E agora deixámosvos coas fotos:



10 comentarios:

A profe Rosa dijo...

Grazas, grazas e moitas grazas a Nagi e Aya por dedicarnos o seu tempo e facer o día de hoxe tan especial. Sentímonos moi cómodos con vos e encantounos que os implicárades tanto neste fermoso proxecto. As portas do noso colexio quedan abertas para cando queirades volver e por suposto, deixámosvos abertos os nosos corazóns. Non me canso de dicilo: Moitísimas grazas.

Rosana dijo...

Eu tamén agradezo a vosa visita. Para nós foi un pracer escoitarvos. Grazas pola vosa paciencia e por compartir con todos ese rato tan agradable. Tedes o recoñecemento dos nosos alumnos e as nosas alumnas, que seguirán a traballar, aprendendo a construír un mundo mellor.

CEIPARUA dijo...

Felicitámosvos dende o CEIP A Rúa por este encontro tan especial, emocionounos.
Unha aperta afectuosa a todos e todas.

Loly dijo...

Fermosa maneira de poñer un "punto e seguido" -esta iniciativa non pode ter punto final- a unha marabillosa actividade que tanto nos está a aportar a todos e todas.
Parabéns!!
Apertas dende Fene.

sara dijo...

Estou encantada do voso blog. Queriavos decir que vos otorgo o premio agarimoso. Visitasde o meu blog e o comprovaredes.
Bicos. Sara.

sara dijo...

Ola son Sara do cole do Couceiro de Pontedeume.Noraboa polo voso traballo. Quería decirvos que vos otorgo o premio agarimoso, só tedes que ler as bases no meu blog. Bicos.

MIK dijo...

Deixamos un agasallo para vós no noso blog. Esperamos que vos guste.
Unha aperta

sara dijo...

Ola outra vez, esta visita débese a que vos deixo un agasallo no meu blog.
Moitos bicos de Sara.

olga dijo...

Podedes pasar polo noso blog a recoller un agasallo DIFERENTE :-)

Begoña dijo...

Desde o Blogfesquío tamén vos deixamos un agasallo.
Noraboa polo voso traballo.
Unha aperta.