Hoxe cúmprense dous anos desde que escribimos por vez primeira estas palabras:
¿Recordades? O 21 de marzo de 2007. Así que temos moito que celebrar e que agradecer a este espazo que nos comunica con vós, que nos ledes e nos seguides. Celebramos poder seguir contando novas da nosa Biblioteca e do noso Cole, e estamos ilusionados, tanto coma no principio, ou máis, en levar a cabo os nosos proxectos.
Estes son os alumnos e as alumnas de 5º e 6º de Primaria cos primeiros pasos na elaboración dos Sacapenas; esa marabillosa idea. E este é o seu poema visual.
Un poema visual?
E, que mellor motivo que o que nos ocupa estes días para celebrar o Día Mundial da Poesía?
FELIZ DÍA A TODOS E TODAS!
6 comentarios:
Feliz cumpreanos!!!
Unha aperta.
Raioteca.
Eu xa estou desexando ver eses fermosos Sacapenas.
Feliz día e todos os días para vós tamén!!
Felicidades Chispa.
Feliz aniversario, colegas. Nós tamén estamos de aniversario.Parece que, a pesares da distancia, gustanos emprender os novos camiños xuntas.
Biquiños dende Moaña
Feliz aniversario!!!
Espero que cumplades moitiiiiisimos anos máis.
Un bico.
Lucía R.
Encántanme os poemas, e este especialmente.
"Ser poeta es encontrar en otros la propia vida"
Gabriel Celaya
Un bico asonante do CEIP A Rúa
Publicar un comentario