luns, 15 de xuño de 2009

Visita a ALDEA NOVA, o contacto coa natureza e a cultura autóctonas de GALICIA



Hoxe visitamos ALDEA NOVA, en Sedes, no Concello de Narón. Fixemos pan, boliños preñados! Ñam, ñam! Que ricos! Demos de comer a Pancho, e a Villa, o porco e a porca celtas; ás ovellas galegas, e ás Galiñas de Mos. Tamén vimos os cabalos e as eguas de raza galega: Chispa!! era o nome dunha preciosa egua, a nai de Cinza; tamén estaba Estrela...; a gatiña con catro gatos pequeniños; que preciosos eran todos! Xogamos e paseamos con Aldea, a CADELA DE PALLEIRO que teñen alí de compaña. Os maiores visitaron unha reprodución do Castro de Eiravedra, incluso practicaron a espantar "romanos" e cazar xabaríns... Foi un día moi aproveitado, aprendemos moitas cousas e pasámolo moi ben grazas a Xan, o panadeiro; e a Pepa, Trelli e Pedro, que foron os monitores que nos acompañaron en todas as actividades. Para que o vexades, aquí vos deixamos as fotos. Esperamos que vos gusten e animámosvos a que fagades unha visita por alí; con seguridade que o pasaredes ben e que nós volveremos. ATA OUTRA!


Ningún comentario: