martes, 24 de novembro de 2009

25N, CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Vía IES Río Cabe

Mañá traballaremos co libro que descubrimos o curso pasado "Xela volveuse vampira", de Fina Casaldrrey, coas preciosas ilustracións de Noemí López. E no recreo, a profe Conchi lerá: "O meu pai é ama de casa, e que?".

Todas as Bibliotecas Escolares de Galicia traballamos na sensibilización dos que mañá serán homes e mulleres. Temos a obriga de educar nos valores que axuden a crear os hábitos de respecto necesarios para poñer fin á VIOLENCIA; a calquera clase de violencia.

* Grazas a Cadernos de Vide temos este enlace no que podedes atopar recursos para traballar na escola e na casa: COEDUCACIÓN.

* O Blog da biblioteca do CEIP Fermín Bouza Brey achéganos a LA CENICIENTA QUE NO QUERÍA COMER PERDICES.

* RAIOTECA tamén celebra este día; e desde o seu blog, a través de You Tube, chéganos este pequeno vídeo da Campaña da Cruz Vermella de hai dous anos:


1 comentario:

profe Rosa dixo...

Hai un dito que di que máis vale previr que curar. Por este motivo, no Día Internacional Contra a Violencia de Xénero, a mellor forma de previr a discriminación por razón de xénero, é se educamos na igualdade. Fagamos da coeducación un valor importante!!!