martes, 10 de novembro de 2009

POLO SAN MARTIÑO, PEÓNS NO CAMIÑO.






Estes días falaremos moito dos xogos, porque mañá celebramos o "Día do Peón". Grazas a Brinquedia esta celebración cobrou novamente vida nos colexios, e nós temos unha cita obrigada na hora do recreo, pero tamén faremos algunha visita á Biblioteca para ver os libros expostos sobre os xogos e botarlle un vistaciño aos blogs do noso cole.

Vía as nosas amigas da Biblioteca do CEIP Quintela - Moaña, chéganos este xogo da buxaina. Picade na imaxe se queredes probar a vosa destreza.


E o cartel que temos á entrada da Biblioteca, lévanos ao blog de Normalización e Dinamización Lingüística, onde podedes ler o Manifesto de Suso de Toro e ver algúns vídeos para seguir aprendendo máis e máis.

Ningún comentario: