luns, 21 de decembro de 2009

MOITOS, MOITOS LIBROS PARA DISFRUTAR NO NADAL. As recomendacións de Chispa!

Aquí tedes algunhas suxerencias para pedir como agasallo moitos libros nestas brancas vacacións. Non todo son novidades, pero si, todos están esperando por algún lector ou algunha lectora que disfrute con eles se aínda non os coñece.

FELICES LECTURAS!

domingo, 20 de decembro de 2009

O CARTEIRO REAL VISITOU A BIBLIOTECA, E OS NENOS VISITARON AO CARTEIRO REAL


Como cada ano, nas aulas prepararon as súas cartas, e tamén, como vén sendo habitual, na Biblioteca entregárollas ao Carteiro Real.

Ai! Cantos nervios, cantas peticións, letras principiantes, debuxos debuxados e debuxos recortados, desexos materiais e outros personais, humanitarios. E as caras, espectantes; e crédulos, os ollos; todo un poema esas pequenas mans entregando as cartas ao emisario. A cámara captou unha parte, a outra quedou gardada nos seus corazóns.
Tedes as fotos dos máis pequenos no blog de pequesPazos; o resto, a continuación.




E mañá veremos as fotos do segundo e terceiro ciclos...

xoves, 17 de decembro de 2009

CONTACONTOS LSE


Outro ano máis, Blanca e Miguel viñeron ao cole a contarnos dous preciosos contos "Lidia y yo ponemos la mesa" e "Marci e Ciano, dos niños marcianos".

E o mellor da actividade foi que logo fixeron un pequeno obradoiro de LSE cos nenos co vocabulario de cada conto.... no que participaron todos os nenos e nenas. Os pequechos super super atentos.
Moitas grazas por colaborar con nós e por ensinarnos tantas e tantas cousas. Esperamos que a próxima cita sexa moi axiña!


mércores, 16 de decembro de 2009

Orellas de bolboreta no recreo!

Este luns tivemos sesión de contacontos no recreo. A profe Manuela contounos "Orellas de bolboreta", de Luisa Aguilar (Editorial Kalandraka)
Aprendimos que ter as orellas grandes ou un furado no calcetín non ten que nos preocupar; aprendimos que a autoestima é moi importante, e que coñecer e asumir os nosos defectos é a base para ser felices.
Mara, simplemente ten orellas grandes, e que? E os seus libros están moi usados porque mil mans máis os acariñaron...








Atopamos un pequeno vídeo en You Tube onde a autora Luisa Aguilar fala sobre este conto para unha cadea de televisión mexicana.

luns, 14 de decembro de 2009

Dereitos Humanos: as últimas actividades destes días


Este luns fixemos unha actividade nas aulas. O Concello ofreceunos facer por ciclos "O xogo de Peter".
En cada grupo formaron equipos e fixéronlles ver as distintas condicións dos traballadores dependendo da súa localización no mapa do mundo. Os Dereitos Humanos enfocados desde o ámbito laboral moi ben traballado cos alumnos e alumnas de Primaria.
Nós, rodeados de todas as comodidades, non sempre recordamos que explotación no traballo segue a existir: e a mensaxe quedou moi clara para todos!


domingo, 13 de decembro de 2009

FELICIDADES AO IES DE CATABOIS e a outras Bibliotecas Escolares de Galicia



O IES de Catabois acaba de recibir o TERCEIRO PREMIO DO CONCURSO NACIONAL DE BOAS PRÁCTICAS .
Os nosos mellores desexos para eles e para as outras bibliotecas que acadaron varios premios neste Concurso Nacional de Boas Prácticas, porque detrás dun recoñecemento coma este hai moitas horas de traballo e de dedicación. Felicidades!

- Modalidade A (infantil, primaria, educ. especial e epa):
TRES TERCEIROS PREMIOS:
CEIP FRIAN - TEIS, de Vigo
CRA MESTRE MANUEL GARCÉS, de Tomiño
CEIP A PEDRA, de Bueu.
- Modalidade B (secundaria, fp e outros...):
SEGUNDO PREMIO (10.000€): IES SANXENXO, de Sanxenxo
TERCEIRO PREMIO (7.000€): IES CATABOIS, de Ferrol.

NORABOA A TODOS E TODAS!

xoves, 10 de decembro de 2009

UN BELÉN QUE RONDA OS SESENTA ANOS

Se queredes coñecer ao artista que fixo realidade este soño, visitade a páxina de Alfredo Martín . E se queredes saber máis sobre a visita e o "Belén de la Orden Tercera", tedes o enlace na foto, que vos levará directamente a pequesPazos.
Casualmente, esta semana no blog de "A tarde" da CRTVG, buscan o mellor Belén de Galicia. Así que vos animamos a dar o voto ao noso BELÉN ferrolano. Podedes entrar na páxina, e para votar deberedes ir á columna da dereita. Espero que non cheguedes tarde e anden xa buscando outras cousas...

Desde aquí o noso recoñecemento a Alfredo Martín polo seu fermoso traballo!

"OS CINCO DEDOS" e Chispa!




Hoxe chegou a maleta de Chispa coas novidades de libros e revistas, e coa súa reflexión sobre os Dereitos Humanos e tamén o Nadal.
Chispa enviounos novidades, pero SABEDES QUE??!!! Descubrimos que hoxe pola noite entrou na nosa BIBLIOTECA!!! Si, como oídes!! Na nosa BIBLIOTECA!! E a moi lista colleu libros antigos para meter na maleta e recordarnos que están aí, dispostos para que os poidamos ler e levar en préstamo.
Pero Chispa!, se iso xa o sabemos!!! Sempre aproveita para entrar no cole cando non estamos e facer das súas. Claro! Nós durmindo tranquilamente e ela, a enredar un pouco. Xa falaremos con ela cando a vexamos, xa!!!

Álberto, Nuria, Rubén, Joni e Gloria contáronlle ao resto do colexio "Os Cinco Dedos", de Calo Iglesias; texto que chegou ás nosas mans a través do Seminario Galego de Educación para a Paz. Tratamos de explicar a importancia de respectar as particularidades de cada un. Todos somos importantes por separado, pero lograremos máis cousas e traballaremos mellor coa axuda dos demais. A man representa un gran conxunto onde cabemos todos, coas nosas diferentes capacidades, cores, tamaños... Cabemos todos e todas, e desde os colexios traballaremos para que isto sexa unha realidade.

Estas son as ilustracións que preparamos como apoio para este día.

E estas, as imaxes de todos nós, hoxe na BIBLIOTECA.


AS BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA TRABALLAMOS POR DEFENDER OS DEREITOS HUMANOS!

DEREITOS HUMANOS I





Tamén podedes acceder a un "Juego de los Derechos Humanos" que Placer nos envía desde o CEIP San Martiño-Salcedo.

mércores, 2 de decembro de 2009

O SEGREDO DA FROUXEIRA


Mañá xoves terá lugar a presentación do documental "O segredo da Frouxeira" no Teatro Jofre.
Sesenta minutos nos que se pretende recuperar a memoria histórica.
*Segundo palabras de "El Correo Gallego": "Onde se perderon as pegadas do último alcalde republicano de Serantes? Nas dunas da Frouxeira, na fermosa praia de Valdoviño onde se esfumaron os corpos de tantos desaparecidos na Guerra Civil Española..."
*"La Voz de Galicia": "É necesario recordar que Serantes era municipio independente ata que en 1941 foi anexionado a Ferrol por decreto. O seu alcalde republicano logrou escapar á represión dos primeiros días". "...o relato xorde da man de Paulino Gasalla, casado cunha sobriña neta de Porto Leis, que hai escasos anos descobre oculto tras uns mobles da casa da súa sogra, sobriña do alcalde, diversa documentación sobre el..."