Como cada ano, nas aulas prepararon as súas cartas, e tamén, como vén sendo habitual, na Biblioteca entregárollas ao Carteiro Real.
Ai! Cantos nervios, cantas peticións, letras principiantes, debuxos debuxados e debuxos recortados, desexos materiais e outros personais, humanitarios. E as caras, espectantes; e crédulos, os ollos; todo un poema esas pequenas mans entregando as cartas ao emisario. A cámara captou unha parte, a outra quedou gardada nos seus corazóns.
Tedes as fotos dos máis pequenos no blog de pequesPazos; o resto, a continuación.
E mañá veremos as fotos do segundo e terceiro ciclos...
1 comentario:
Gustoume moito que viñera o carteiro real coa sua paxe,e que nos deran dous caramelos a cada un.Espero que para o ano que ven veñan tamén ao cole de pazos,ainda que eu xa non este alí.
MOITOS BICOS GLORIA.
Publicar un comentario