Este luns tivemos sesión de contacontos no recreo. A profe Manuela contounos "Orellas de bolboreta", de Luisa Aguilar (Editorial Kalandraka)
Aprendimos que ter as orellas grandes ou un furado no calcetín non ten que nos preocupar; aprendimos que a autoestima é moi importante, e que coñecer e asumir os nosos defectos é a base para ser felices.
Mara, simplemente ten orellas grandes, e que? E os seus libros están moi usados porque mil mans máis os acariñaron...
Atopamos un pequeno vídeo en You Tube onde a autora Luisa Aguilar fala sobre este conto para unha cadea de televisión mexicana.
6 comentarios:
Encántame este conto!!! Será porque tócame moi de cerca, e non o digo por ter orellas de bolboreta, que hei de recoñecer que un pouco si... senón porque desde pequena, e aínda agora, "a miña madriña" aprendeume a ver a vida cos ollos do corazón, limpos de maldade e cheos de maxia... En definitiva, a ver o mundo como o ve quen ten orellas de bolboreta!!! Non só é cuestión de autoestima, senón de saber mirar con outros ollos o mundo. Que neste tempo de Nadal a maxia encha os nosos corazóns!!!
O libro é moi bonito, sobre todo pola mensaxe que nos transmite tanto a grandes como a pequenos.
Parabéns por esa afluencia de público.
Bicos de Feli
A min ese conto tamén me gusta moito.
Que o ano que ven veña cheíño de plans, de proxectos, de traballos, de lecturas....¡e de amigos alegres!
Moitos bicos
É un conto precioso, nós tamén o temos na nosa biblioteca. Parabéns por esa ambientación tan máxica que sempre conseguides, imaxino que CHISPA ten moito que ver niso, "o detalle da cheminea é insuperable". Aproveito para desexar un BO NADAL a todas e todos eses alumn@s e profes do cole de Pazos.
Un bico especial de RAIOTECA para CHISPA.
Ola profe, soy Nerea Perille, tu antigua alumna de 6º. Me hace mucha ilusión ver aí disfrutando contando un cuento a la profesora Manuela. Lo siento pero no pude ir cuando fue lo del festival de navidad; pero le dije a Desi que os diera muchos recuerdo.pero no sé si os los dio;espero que si. Os echo mucho de menos, pero pronto nos volveremos a ver. No leí ese cuento pero al ver el resto de los comentarios ya me imagino, le pediré a la profe Pilar Berrio que lo compre para la biblioteca de aquí de Catabois.Anda que grande es ya mi comentario¡! jajajajajajajaja! bueno yo sigo y así no te podrás quejar verdad profe?¿?¿?¿?jajajajaja.Bueno como os va todo!:la biblioteca,las clases, los alumnos etc etc. Bueno nos vemos ok profe os quieroOo
=)nere=)=D.
Hasta LUEGOOO
NEHERHEHIITHA 1ºA
Publicar un comentario