xoves, 10 de decembro de 2009

"OS CINCO DEDOS" e Chispa!




Hoxe chegou a maleta de Chispa coas novidades de libros e revistas, e coa súa reflexión sobre os Dereitos Humanos e tamén o Nadal.
Chispa enviounos novidades, pero SABEDES QUE??!!! Descubrimos que hoxe pola noite entrou na nosa BIBLIOTECA!!! Si, como oídes!! Na nosa BIBLIOTECA!! E a moi lista colleu libros antigos para meter na maleta e recordarnos que están aí, dispostos para que os poidamos ler e levar en préstamo.
Pero Chispa!, se iso xa o sabemos!!! Sempre aproveita para entrar no cole cando non estamos e facer das súas. Claro! Nós durmindo tranquilamente e ela, a enredar un pouco. Xa falaremos con ela cando a vexamos, xa!!!

Álberto, Nuria, Rubén, Joni e Gloria contáronlle ao resto do colexio "Os Cinco Dedos", de Calo Iglesias; texto que chegou ás nosas mans a través do Seminario Galego de Educación para a Paz. Tratamos de explicar a importancia de respectar as particularidades de cada un. Todos somos importantes por separado, pero lograremos máis cousas e traballaremos mellor coa axuda dos demais. A man representa un gran conxunto onde cabemos todos, coas nosas diferentes capacidades, cores, tamaños... Cabemos todos e todas, e desde os colexios traballaremos para que isto sexa unha realidade.

Estas son as ilustracións que preparamos como apoio para este día.

E estas, as imaxes de todos nós, hoxe na BIBLIOTECA.


AS BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA TRABALLAMOS POR DEFENDER OS DEREITOS HUMANOS!

3 comentarios:

Chispa dixo...

Non puiden evitar entrar unha vez máis na Biblioteca. Gústame pasearme entre eses libros tan marabillosos que tedes. Ás veces pásome horas lendo e lendo ata que se me fai moi tarde e teño que marchar para seguir voando na procura de novidades para levarvos.
Onte atopei os libros do Nadal e non me puiden resistir. Hi, hi, hi, hi!
Moitos bicos a todos os nenos e todas as nenas que visitan a Biblioteca. Espero que nela se atopen tan a gusto como me ocurre a min. Chis-chis, plof-plof!

Anónimo dixo...

Xa me gustaría estar aí celebrando con todos vós este día tan importante, pero satisfáceme vervos a través do blog.
Apertas de Feli

Anónimo dixo...

Aínda que un pouco cansa a esta hora da noite,non me podo resistir
en felicitar á miña compi Rosana pola elaboración deste fermoso cartel.
Feli.