Cristina contounos "Me gusta" o outro día no recreo. Á protagonista gustábanlle moitas cousas, pero a que máis, era que houbese paz. Nós, despois de escoitar todo o que lle gustaba e o que non, á protagonista, contámoslles aos demais os nosos gustos, e tamén tivemos que escoller, para dicir en voz alta, unha cousa que non nos guste nada, nada, nada. A profe Cris axudounos a pensar ese día nas cousas boas que nos rodean, e todos chegamos á conclusión de que non nos gustaban nada as pelexas e as caras tristes. E tamén estivemos de acordo en que levarse ben cos amigos e amigas é moi pero que moi importante. Grazas profe por ese ratiño de reflexión!
Ao longo destas pasadas semanas as Bibliotecas Escolares de Galicia estivemos traballando e preparando material para celebrar o DÍA ESCOLAR DA PAZ E A NON VIOLENCIA, que como sabedes celebramos cada ano o 30 de xaneiro. Mañá no noso cole tamén festexaremos este día, pero é importante dar un paseo polas bibliotecas que tanto levan feito neste tempo.

Se premedes na foto de Romero Britto entraredes nos recursos que nos ofrece o rato Mik, da Biblioteca "O recanto de Mik", do CEIP Mestres Goldar.
1 comentario:
Fermoso xeito de concienciar aos máis pequechos da importancia da convivencia pacífica entre todos.
Feliz Día da Paz!!
Publicar un comentario