Pablo e Patricia, da Editorial Kalandraka, estiveron con nós pola mañá. Encantounos volver escoitalos, porque nos gusta como contan os contos, e nos gusta como soa a súa música.
Vimos instrumentos coma a frauta que só ten tres furadiños, e que a hai en moitos sitios de España, pero en todos recibe nomes diferentes; tamén nos ensinou outra que ten preparada para tocar coma a gaita; ensinounos un marabilloso "facedor de choiva"; unha pandeireta...
Ademais hoxe, algúns descubriron que "Pablo" é "Pablo Díaz", o autor de "Tic-Tac", ¡SORPRESA! Así que ao final da sesión, pedímoslle que nos asinase no libro de visitas, onde asinan os escritores que visitan a nosa BIBLIOTECA. ¡Perfecto! Sempre nos gusta moito disfrutar da súa compaña. ¿Pensarán o mesmo eles?
¡ATA PRONTO!
Por certo, tamén vos deixamos información sobre Marc Taeger, o ilustrador de "Tic Tac", para que sigades ampliando o voso coñecemento sobre "ilustración". E se queredes moito máis, non deixedes de "pinchar" aquí. Recoméndovolo!
Ningún comentario:
Publicar un comentario