xoves, 11 de febreiro de 2010

SE QUERES MEDRAR INCLÚE UN LIBRO NA TÚA DIETA

Pon fotos sin limite en slide.com GRATIS!!!


Acabo de atopar esta foto no blog de BIBLIO-ESCUELAS, e mira ti por onde, axústase totalmente ao noso propósito... porque este ano a CESTA DE ENTROIDO que alumnado do terceiro ciclo preparou para axudar á súa excursión de fin de curso, leva un libro; precisamente para que sexa unha "cesta equilibrada".

A verdade é que non temos foto da cesta (mañá, mañá saberemos quen son os agraciados), pero si que vos poido falar do libro: "A cociña de larpeiros", de Benigno Campos; suxerente título ante o que Chispa non puido menos que rendirse.

PORQUE NON SÓ HAI QUE ALIMENTAR O CORPO NESTAS DATAS!!
AÍ VÉN O ENTROIDOOOOOO!


Ningún comentario: