Hoxe iniciamos unha serie de actividades para celebrar ao longo desta semana o "Día da Muller Traballadora". Cada día, na Biblioteca, unha nai contará un conto. Xa temos todo preparado cunha gran exposición de libros escritos e/ou ilustrados por mulleres:
"AS MULLERES ESCRIBEN"
"AS MULLERES ILUSTRAN"
"AS MULLERES CONTAN"
"AS MULLERES LEN"
"AS MULLERES ILUSTRAN"
"AS MULLERES CONTAN"
"AS MULLERES LEN"
Ademais hai unha árbore esperando polos retratos e os nomes das mulleres que foron importantes na vida e na historia de Ferrol. En especial centrarémonos na figura de CONCEPCIÓN ARENAL, e para iso temos preparado este pequeno boletín con algunhas preguntas para reflexionar sobre esta personaxe histórica, na clase cos compañeiros e compañeiras; na casa, coa familia.
Esperamos vos guste!
Ningún comentario:
Publicar un comentario