xoves, 11 de marzo de 2010

O BICO DE HOXE É MÁXICO!





Seguimos, seguimos con máis nais contadoras de contos. Hoxe visitounos a nosa compi Ana, a mamá de Irene, cun fermosísimo libro: "El Mago de Oz". Cantas cousas bonitas imaxinamos, e cantos lugares recorrimos! Que zapatiños de prata tan preciosos, que gafas tan especiais... e o bico, mmmm! E o globo... Aiiii!, ademais ao final Ana atopou na caixa unha sorpresa: corazóns de gominola! A que vos soa????
Grazas Ana, foi un conto fabuloso cheo de maxia e de ilusión. Por iso te enviamos un bico máxico con todo o noso agarimo.

SsssssssmUAC!



1 comentario:

Chispa dixo...

Ai! que conto tan chuli mami-profe. Moitas grazas por compartir con nós ese ratiño na Biblioteca e por facernos pasar ese momento taaaan agradable.
É que hoxe tamén mirei por un furadiño. Gústanme tanto...