mércores, 13 de outubro de 2010

XOÁN FARIAS, candidato xunto con AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ ao ASTRID LINDGREN

Esta é unha antiga foto de Xoán Farias que nos enviou o seu amigo Xabier DoCampo

Onte "La voz de Galicia" publicaba a nova da candidatura ao Memorial Astrid Lindgren de dous escritores moi queridos por nós, e cunha ampla traxectoria na literatura infantil e xuvenil ás súas costas: Agustín Fernández Paz , e Xoán Farias.
Sen dúbida temos o corazón dividido e desexámoslles a ambos moita sorte.
Nas seguintes imaxes tedes acceso ao listado das candidaturas e á páxina oficial do premio ao Memorial Astrid Lindgren.












Esta noticia coincide cunha boa nova para a nosa biblioteca. O vindeiro 25 de outubro, que se celebrará o Día Internacional das Bibliotecas Escolares, teremos unha pequena homenaxe a Xoán Farias na que faremos oficial o cambio de nome. A partir de entón pasaremos a chamarnos:
"Biblioteca Xoán Farias",
A Biblioteca do CEIP de Pazos

¿Comprendedes por que temos o corazón dividido, non?...
Para rematar presentámosvos unha selección de textos de Xoán Farias que os nenos e nenas do curso pasado fixeron despois de ler algúns dos seus moitíííííííísimos libros. Ilustráronos e este é o resultado.




Ningún comentario: