Hoxe foi Chispa ao cole!! Cando escoitamos a música saímos todos ao corredor (sen correr) para subir (que no noso cole se sube) á biblioteca.Por pouco a vemos, pero escapou antes de tempo. Chispa é moi pillabana e nunca deixa que a vexamos de todo (ás veces vémola un pouco); hoxe Xaime, o noso conserxe estivo a punto de falar con ela pero, antes de se dar conta, xa non estaba. Pffff! Sempre igual!
A maleta pesaba tanto que case non podiamos con ela. Pensamos que traía ladrillos dentro. De verdade que pesaba un montón.
Pero resulta que noooonnn, que non traía ladrillos. Viña cheíña de sorpresas: bolsas personalizadas para o empréstito de libros dos máis peques; para os maiores, unhas chapas co novo nome da biblio; para o Equipo da Biblioteca, outras co logo do EQUIPO!!!; e para os mestres e mestras, outras máis moi chulis. Claro, pero o mellor de todo foi o montonazo de libros que había dentro da maleta: así pesaba!
LA VERDADERA HISTORIA DE LA NAVIDAD
-
La historia de la verdadera navidad, una ficha interactiva de gorogui
live*worksheets.com*
Hai 4 anos
2 comentarios:
Ai, pero que emoción cando escoitamos o Chis, chis, plof, plof no cole!!! Cánto botamos de menos as maletas de Chispa... sempre cargadiñas de libros e sorpresas!!!
O mellor, como sempre, as cariñas dos nen@s máis pequenos... será que ao crecer a "maxia" deixa de sorprendernos??? Pois a min ese soniquete que acompaña á maleta, aínda ponme os pelos de punta...
Querida Chispa:Gustoume que trouxeras os libros de BUSCAR, porque aos meus amigos da miña clase lles gustan moito e case sempre os levan de empréstito para a casa e eu tamén os levo de vez en cando porque son moi bonitos.
UN BICO MOI GRANDE DE Michelle.
Publicar un comentario