miércoles, 22 de diciembre de 2010

MALETA DE CHISPAAAA!!!

Acaba de chegar CHISPA!! Acaba de chegar Chispa!!
Soou a música, subimos á nosa Biblio, que xa sabedes que á nosa se sube..., e atopámonos cunha cortina negra que tapaba a entrada. Uffff!! Que susto! Por fin alguén atreveuse a apartala un pouco e... aí estaba a MALETA!
Dentro estaba a carta, uns fermosos marcapáxinas e un montón de libros; os boletíns coas recomendacións e UN PAQUETE! Xa case marchabamos cando un dos nenos de diante recordounos que aínda faltaba algo... Claro!, o paquete! ¿Sabedes que había dentro? Marionetas para contar contos. Pero non unhas marionetas calquera, non; unhas fermosísisisisisisisisimas marionetas de animais; incluída unha granxa.

Fotos, fotos, fotos, fotos...

3 comentarios:

RAIOTECA dijo...

Dende a Biblio do cole de Andrade desexámosvos un BO NADAL e un 2011 cheo de momentos felices.
Unha aperta e un bico moi especial de RAIOTECA para a súa amiga CHISPA.

Unitaria de Vide dijo...

Para as chispas e chispiñas
moitas moitas apretiñas

e unha apretasa de aninovo


Sabela

O Segrel do Penedo dijo...

Logo tivéchedes que portarvos moi, pero que moi ben, non si?
Felices Festas e un 2011 cheo de ledicia e fermosos momentos de lecturas compartidas.
Apertas dende Fene