jueves, 16 de diciembre de 2010

RECANTO HORA DE LER

No terceiro ciclo pareceunos unha boa idea acondicionar o recanto de HORA de LER, e queremos que vexades as fotos de como nos quedou. Entre os nenos, nenas e a profe, coa axuda, coma sempre, de Xaime, emplastecemos a parede do vello armario da clase, lixamos a madeira, quitamos as bisagras, pintamos parede e marco; recortamos o nome deste recuncho, pintámolo e, despois de ter todo no seu sitio, este é o resultado. (Seguirán as melloras, pero iso non vai ser agora.)
Desde que empezou esta actividade podemos disfrutar a cotío dos 20 minutos de lectura silenciosa e individual. Estamos a facer un esforzo, porque sabemos que a lectura o require. Esperamos contaxiarnos os uns aos outros e tamén aos que veñen detrás, moi detrás. Entre nós xa hai grandes lectores (non imos dicir nomes, que todos nos coñecemos) pero non perdemos as esperanzas de seguir mellorando. A profe di que cando atopemos O LIBRO..., non vai haber quen nos pare.

Aquí quedan as fotos. Tede paciencia, que antes van as imaxes nas que estamos lendo, que o primeiro segue a ser o primeiro.

7 comentarios:

profe Rosa dijo...

Noraboa polo traballo ben feito e polas lecturas compartidas. A partir de xaneiro creo que me apunto a ler con vos. Apertas!!!

Loly dijo...

Fermoso recuncho que axudará a crear fantásticos lectores para ledicia desa fantástica mediadora.
Parabéns e máis palabras de caramelo!

Maribel dijo...

Que preciosooooo, canto lle gustaría a Mica poder remexer aí!!!!. Noraboa a eses rapaces e rapazas por esa obra tan ben feita. E á mestra polo bo facer. Así da gusto ler...

Bea dijo...

Pero que chulada!!!!
Nós seguiremos as vosas andanzas sempre para coller ideiñas, que xa sabemos que tedes moitas e moi boas!!!
Saúdos!!!!
http://cousasdepeques.blogspot.com
http://ratosdebiblioteca.blogspot.com

Ana dijo...

Pero que bonitiño vos quedou. Póñenseme os dentes largos (envidia sá por suposto). Moitos bicos e Felices Festas para todos e todas.

Unha biblioteca chea de tesouros dijo...

Un rincón precioso!!
A Pescadora de historias.

Anónimo dijo...

Que mal salgo en las fotos pero colaboro con mis compañaros a leer todos los libros de la biblioteca Xoán Farias y me gusta colaborar por que me gusta leer. no tanto como se piensa la gente pero me gusta leer alguna vez me gustara leer pero de verdad de verdad ya leo pero no sé. Bueno hasta otro día compañeros y profe Rosana ah y darle saludo a Chispa de mi parte xaaaaaaaaoooooooo jejejejeje adiós