luns, 13 de decembro de 2010

VISITA DO CARTEIRO REAL


Outro ano máis as ilusións viaxan en papel ata Oriente; ata o Oriente dos Reis Magos. Non vaiades pensar que isto é cousa de pequenos, non. Todos temos algo agochado; ás veces moito. A eles, se cadra, élles máis doado de expresar.
Os máis cativos soñaron cos xoguetes e os libros; os maiores, ademais, fixeron unha reflexión tomándolle a temperatura ao noso planeta e aos seus problemas. Este ano traballamos unha vez máis coa campaña de sensibilización que a ONG Médicos Sin Fronteras leva a cabo este inverno.
Sexa como sexa, os nosos mellores desexos para todas estas nenas e todos estes nenos. Que os Reis Magos lles traian moitos xoguetes e moitos libros para seguiren medrando.





Ningún comentario: