sábado, 29 de xaneiro de 2011

PAZ EN PAZos


Adicamos gran parte da mañá do venres a celebrar o Día da Paz.
A primeira actividade consisitíu na lectura do novo Libro colectivo da Paz, no que traballamos ao longo destes últimos días. Por fin chegou o momento de que todos puidesemos ver o que fixeron os compañeiros e compañeiras dos outros cursos, incluíndo as especialidades, como podedes ver na portada do libro: PAZ EN PAZos.
Despois, como era de esperar, chegou a maleta de Chispa cunha carta, máis libros e as intrucións dunha Caza do Tesouro que tivo lugar despois do recreo e que continuaremos o luns.



E por fin chegou a hora de A CAZA DO TESOURO. Todos os nenos e nenas meturados en dez grupos recorreron cinco postos repartidos polo cole para superar cinco probas, e conseguir cinco pezas dun puzzle, que se correspondía coas portadas de dez libros da PAZ que temos na Biblio. A intriga continúa e ata o luns non saberemos que sorpresa garda o tesouro; para iso aínda deben localizar os libros nos andeis da Biblioteca, coller a chave agochada dentro deles e localizar o cofre. Pffff! Canto camiño queda aínda...

Ata o luns!

1 comentario:

MIK dixo...

Orixinal e divertido, un bonito xeito de vivir a PAZ. Parabéns!
Apertas desde Vigo