Despois desta semana de celebración, chegou o gran día. A idea: recuperar a vella tradición de disfrazarse con cousas vellas ou usadas da casa. Tivemos o desfile de cada clase e incluso chegou a maleta de Chispa. Por último, lemos os testamentos. Aquí volos deixamos:
Este é o testamento de 3º de Primaria
Pois aquí estou outro ano
animándovos a pensar
aí vai o meu testamento
que dará moito que falar.
Vou deixando aos de terceiro
uns agasallos peliqueiros
para que disfruten como artistas
bailes e moitas risas.
Para Ernesto, moi presto
un balón de baloncesto.
Para Joan, moi galán
achégolle un bambán.
A Olaya, que non para,
déixolle a Abella Maya.
A Luis, que é moi pillín,
déixolle un balancín.
Para César rebuldeiro,
achégolle un pandeiro.
E déixolle tamén a Alex,
un almorzo en Panes.
A Aitana, ferrolana,
déixolle unha gran nana.
Para Alberto, sempre esperto,
un caixón e outro cento.
Á profe Lola, que non está sola,
déixolle unha caracola.
E ao resto dos seus profes
que están todo o curso con eles,
déixolles moitos bicos
e así faranse ricos.
VIVA O ENTROIDO 2011!
E aí vai o de 4º
Hoxe, catro de marzo,
festa de Entroido en Pazos,
antes de me queimar,
ídesme escoitar.
Aos de Infantil déixolles
unha campá tin tin.
Para primeiro e segundo
un canciño vagabundo.
A terceiro e cuarto
un cabalo barato.
Déixolles aos de quinto
un coello dando un brinco.
Para os de sexto, que se van,
déixolles mel con pan.
E agora moita atención:
Para Marta pequeniña
unha fermosa casiña.
A Dani, que non traballa
déixolle moita palla.
Para Elisa
unha caixa de pizza.
A Jose xoguetón
un gran balón.
Para Xana traballadora
unha lavadora.
A Rafa moreniño
un bonito libriño.
Para Michelle faladora
unha alfombra voadora.
A Lucía
déixolle a miña fotografía.
E por último para Feli
moitos bicos e unha peli.
VIVA O ENTROIDO!!
E, por último, o do 3º ciclo
Chegou o momento
do meu pasamento.
Vaise o inverno
e chegará o bo tempo.
Aos pequenos de infantil
que tan choromicas son,
déixolles cebola
para que choren mellor.
A este terceiro ciclo
que comendo chicles sempre está,
recoméndolle algo de deporte
que non lle virá nada mal.
Aos profes do colexio
que tan malvados son,
unhas boas vacacións
e un gran quilo de carbón.
E para Xaime, Carme e Aurora
un saquiño de paciencia
e unha dose de resistencia
para aguantarnos a cada hora.
VIVA O ENTROIDO! VIVA
Ningún comentario:
Publicar un comentario