Para commemorar o 2 de abril, entre outras actividades que poidestes ver estes días, invitamos aos avós e avoas a vir á nosa biblio para contarnos cousas sobre a súa vida. Nós, no colexio traballamos o libro de Xoán Farias, "Galego. Á beira do mar", onde a relación entre o Rapaciño e o Pencas (Avó e neto) xoga un papel importante. A partir de aquí quixemos abrir as portas para que as avoas e os avós puidesen ser os protagonistas doutras historias de verdade. As súas propias.
Seguro que nas casas escoitamos moitos relatos dos nosos maiores, de cando eran pequenos, de como xogaban, en que pasaban o tempo, como facían para poder estudar, que comodidades tiñan. Uns máis, outros menos. Isidro aceptou a nosa invitación e preparou unha presentación de imaxes que serviron para completar canto contou. Falounos da súa orixe humilde e de canto tivo que esforzarse para chegar a onde chegou. Transmitíunos a todos e todas, pequenos e grandes tamén, que na vida hai que loitar polo que un cre e hai que esforzarse moitísimo para conseguir aquilo que quere. O de Isidro é un exemplo real e estamos moi agradecidos por querer compartir con nós unha parte importante das súas vivencias.
NUESTROS TRABAJOS
-
Éstos son algunos de los trabajos que hemos hecho en nuestra clase durante
este curso.
Hai 6 anos
Ningún comentario:
Publicar un comentario