O pasado venres día 13, a profe Feli, xunto cos seus alumnos e alumnas de 4º, contou este sinxelo conto musical de autor descoñecido. Os seus personaxes ( Oso, Princesa, Príncipe e Paxaro ) estaban representados por marionetas e instrumentos de pequena percusión.
O Oso pretendía ser o dono dun territorio que tamén correspondía a outros e actuaba de forma agresiva; pero foi capaz de entender, a través do diálogo, que compartir beneficia a todos.
A continuación tedes as imaxes desta memorable actuación. Non tedes máis que mirar as caras dos pequenos. E as pequenas tamén.
Ningún comentario:
Publicar un comentario