Fina Casalderrey é unha das nosas autoras favoritas. No ano 2006 estivo nominada aos premios "White Ravens 2006" da Biblioteca Internacional da Xuventude de Munich por ¿Quen me quere adoptar? E ese é precisamente o libro que nós salvamos. O pasado día 10 contámolo no recreo para os que o quixeron escoitar; sobre todo os máis pequenos. Hoxe tivemos unha sesión especial para o segundo e o terceiro ciclos, e o vindeiro martes tocaralles aos nenos e nenas do primeiro.
Salvamos o libro porque a Manuel tamén lle gusta SALVAR LIBROS coma a nós; e pola súa tenrura e humanidade.
E recordade que temos o compromiso de memorizar estes pequenos fragmentos:
Esta é a exposición que enche a parede de entrada ao noso colexio. Así todo o mundo ten acceso e pode ler os libros salvados polas 96 BIBLIOTECAS dos coles e institutos que quixeron participar nesta fermosa actividade.
Para que vos fagades unha idea, podedes ver estas fotos nas que a profe Feli fai o percorrido por todos estes libros cos seus alumnos e alumnas. Aínda falta algún por expoñer pero pareceunos unha boa idea xuntar os diversos exemplares aos carteis que os nomean. ¿Que tal? ¿Non é unha actividade marabillosa?
4 comentarios:
Que bonita actividade, gústame moito e iso de poñelo no porche está xenial pois así pode velo todo o mundo. Un biquiño.
P.D. Chispa dille a Feli que sae moi guapa nas fotos.
ME ENCANTÓ LA EXPOSICIÓN.
BESOS. CARMEN
Aiiiii!!!! Profe, que eu non puiden estar na biblio nesa hora... Cándo repites??? Porque mira que o curraches, eh?
Dime a profe que o vai contar de novo mañá a terceira hora, que estás invitada con ou sen peques.
Bicos, bicos, bicos.
¡¡¡Chis-chis, plof-plof!!!
Publicar un comentario