mércores, 22 de xuño de 2011

FIN DE CURSO


Onte celebramos o FESTIVAL e hoxe a DESPEDIDA DO CURSO, con sendeirismo e maleta de Chispa. Casualmente, por algún que outro problemiña, só temos fotos da saída de hoxe, pero contámosvos todo o que fixemos.

Este foi o programa da festa de onte. Houbo algo de música, algo de teatro, algo de poesía, audiovisuais, un recordo para os momentos importantes do curso e outro para Xoán Farias; a entrega de orlas para os que se nos marchan para o instituto... En fin, un mar de acontecementos.
Hoxe tocou unha marcha por Doniños; alí despedímonos do curso, dos compañeiros e compañeiras ata o ano que vén, pero tamén houbo algunha que outra bágoa polos amigos que cambian de centro.
Ao regreso, aos dous minutos de chegar, empezou a soar por todos os corredores do cole unha música... A MÚSICA DE CHISPA!! E alí estaba a maleta. Coma sempre cun montón de libros, coa agarimosa carta que adoita escribir, coas recomendacións de lectura para o verán e cunhas fermosas libretiñas... ¡Ai! ¡Que fermosas libretiñas! Non sei de onde sacaría a idea, non sei como se lle ocurriría, pero a verdade é que alí estaban. Non nos terían feito tanta ilusión se non fose porque levaban unha sorpresa encerrada: son

LIBRETAS-PARA-ESCRIBIR-HISTORIAS. ¿Vós recordades que "hai anos, moitos, case tantos coma os que levo ao lombo, un mestre de escola díxome, díxonos:
Agora, e ata que medie setembro, cando non saibades que facer, escribide un libro."? ("Desde o corazón da mazá") ¿A que si que nos soan estas palabras? ¿Cantas veces a recordaremos? Este verán guiados da man de Xoán Farias, ao mellor algúns nenos e nenas, ou profes tamén, ou mamis e papis se animen a contar algo nas LIBRETAS-PARA-ESCRIBIR-HISTORIAS. Se así é, desde a nosa Biblioteca estaremos desexando escoitalas.

Esta é a portada das todas as libretas. ¿Que vos parecen?
Agora, deixámosvos cunha longa reportaxe da saída de hoxe a Doniños.

5 comentarios:

Anónimo dixo...

Danos pena que os maiores se vaian do colexio pero xa son maiores.
Son Mixel. Un bico e un abrazo moi forte para todas as nenas de 6º de Mixel.

profe Rosa dixo...

Bágoas si que houbo, pero tamén bicos, apertas e sorrisos.
Marchan para o instituto uns poucos, si... pero tamén pasa a primaria un grupiño delicioso que desde hoxe xa non serán máis "os peques de Pazos". Con eles vaise tamén un anaquiño do meu corazón... Cánto os vou botar de menos!!! Snif, snif!!!

Anónimo dixo...

Foi unha despedida de curso estupenda.Desexo a todas e todos que pasades bo verán e en especial moita sorte nesa nova andaina para os que marchan.
Apertas e biquiños de Feli.

Anónimo dixo...

Ese foi o meu último día no colexio, e como todos sabedes deume moita pena ter que despedirme de todos vós.
Sobre todo deume moita pena ter que despedirme dos meus amigos cos que compartín clase.
Mándolle moitos biquiños á profe Rosana .E en setembro mandádelle unha cartiña da miña parte a Chispa dicindo que é a mellor bruxa que existe no planeta e dádelle moitos biquiños da miña parte.
Quérevos
Laura de 6º

Anónimo dixo...

Me gustó mucho esa foto en la que salgo yo con Paula, pero yo no soy muy fotogénica y salgo mal en las fotos, pero igualmente me gustó. Y Paula salió guapisísima, y todos, como no. Un beso.
Carolina Maceiras Santiago 6º