sábado, 11 de junio de 2011

JUAN FARIAS. IN MEMORIAM

Hoxe despedimos tristemente ao noso Xoán Farias. Permanecerá para sempre no corazón da Biblioteca, do Centro e da nosa Comunidade Educativa guiando e vendo medrar aos lectores e lectoras do futuro.
A Biblioteca seguirá co compromiso de difundir a súa obra entre os nosos pequenos, e ás novas xeracións.
O noso agarimo para Lourdes, a súa
familia e todos os que senten a súa perda.


11 comentarios:

Antonio Martínez dijo...

Tiven a sorte de coñecelo e acompañalo nunha das súas últimas estadías na Coruña. Gran escrito e mellor persoa. Sempre estará con nós.

profe Rosa dijo...

Despedímonos dun amigo, dalguén que sentíamos moi preto ainda que o coñecimos tarde. Soubo brindarnos o seu afecto facéndonos cómplices da súa vida, ilusionándose co bautismo da nosa Biblioteca co seu nome.
Dos seus libros despréndese a súa calidade humana, que faille tremer algo profundo a quen os le.
Nós só podemos agradecerlle o tempo que compartiu connosco, pois deixou unha pegada imborrable nos corazóns da nosa pequena Comunidade Educativa.
Grazas Xoán!

Rosana Rodiles dijo...

Hai anos, moitos, case tantos coma os que levo ao lombo, un mestre de escola díxome, díxonos:
-Agora, e ata que medie setembro, cando non saibades que facer, escribide un libro...
Dous anos intensos paseando polas súas páxinas e irrumpindo na súa vida crearon vínculos difíciles de desatar. Seguiremos e seguiremos da súa man, con el e por el, camiñando polas corredoiras, visitando as igrexas románicas e as prazas das vilas, parolando coa súa xente. Subiremos ás maceiras, leremos nas nubes e navegaremos polos mares descubrindo os seus mundos porque Juan Farias, o noso Xoán Farias, afondou no noso corazón para sempre, tocounos coa súa variña máxica e foise.

Ana dijo...

Non tiven a sorte de coñecelo persoalmente pero síntome moi orgullosa de que a vosa biblioteca que un día foi tamén a miña leve o seu nome. Síntoo pola súa familia.Unha aperta.

O Segrel do Penedo dijo...

Grazas á Biblioteca Xoán Farias por facer posible un marabilloso proxecto que acercou a vida e a obra deste grande da literatura ao noso alumnado. Nunca o esqueceremos!!

A Pescadora de Historias dijo...

Xoan foise, pero a súa presenza continuará entre nós a través das súas historias, por iso nunca o esqueceremos.

Feli dijo...

Imos ter a gran sorte de recordarte sempre porque a nosa Biblioteca leva o teu nome, pero tamén porque os teus libros desprenden maxia con pegada da túa e nosa querida terra.
Grazas.

Begoña dijo...

Moitas grazas por descubrirnos ese marabilloso autor e mellor persoa. Todas as súas verbas xa non voarán, quedarán sempre conosco.

Unha aperta desde o Blogfesquio

Juanjo dijo...

Iste vaise e aquel vaise e todos, todos se van...ainda que algúns deixannos esas fondas e imborrables pegadas que son as súas obras, os seus recordos, os amigos que aquí os choran, impedindo que caian no esquecemento, e facendose presentes cada vez que abrimos un dos seus libros.

Anónimo dijo...

IMOS BOTAR DE MENOS OIR FALAR DE TI. GÚSTANNOS MOITO OS TEUS LIBROS PORQUE ESTÁN ESCRITOS CON CARIÑO E MOI BEN ESCRITOS.
O TEU LIBRO DESDE O CORAZÓN DA MAZÁ É O NOSO FAVORITO.
XOÁN FARIAS, BOTARÉMOSTE MOITO DE MENOS.

OS NENOS E NENAS DA CLASE DE 5 ANOS DO CEIP DE PAZOS

Chispa dijo...

Pois vouvos dicir unha cousa: non me esperaba ler un comentario tan, tan bonito duns nenos tan grandotes coma vós. Ademais resulta que un dos meus libros favoritos de Xoán Farias tamén é "Desde o corazón da mazá".
Cando sexades maiores e poidades ler outros libros del comprobaredes que escribíu cousas fermosas que merece a pena ler e transmitir aos demais.
Non esquezades isto e levade sempre con vós, no corazón, os seus libros.
Un bico moi re-que-te-gran-de da vosa amiga Chispa.
¡Chis-chis, plof-plof!