"Os amores de Bruno" chegou á nosa Biblioteca voando, voando polo ceo chuvioso. Perdón, en realidade creo que chegou en coche. Andaba eu algo despistada.
Hoxe Antón Cortizas deunos unha boa sorpresa facéndonos unha visita ao 3º ciclo, e para colmo non viña só. Viña acompañado de Bruno, Alba, Cobre, Rose, Kome de Dekita Taiyo, Rámal, Océano... Todos eles van a outra escola, "Escola do Arco da vella", pero esta mañá decidiron facer unha escapada con el ata a nosa. Se queredes ver que aconteceu, podedes velo en "Visita sorpresa de Antón Cortizas" no blog "Cadernos de quinto e sexto".
"Na escola de Bruno hai nenas e nenos de todas partes e de moitas cores. Lévanse ben, mais ás veces xorden problemas que cómpre resolver con tino, e mesmo hai quen se namora e precisa axuda. Por iso Bruno decidíu abrir unha oficina para aconsellar, ata que se decatou de que el tamén precisaba consellos..."
Por se tamén vos interesa, ilustrou este libro Mª del Carmen Ferrín Prieto, que ao igual que Antón, tamén naceu en Ferrol.

5 comentarios:
Éche unha sorte poder contar con visitas así. Un biquiño.
Antón, grazas pola sorpresa de onte e polas dedicatorias do teu libro, aínda que eu non estivese, a miña curmá Paula tróuxome o libro á miña casa.Vouno empezar hoxe cando remate os deberes.
Un bico e unha aperta de Marta 5º
Hola Antón Cortizas: somos Dani e Jose de 5º.Grazas polo teu regalo.Imos ler o libro durante a fin de semana.
Ata que volvas.
Ola Antón:
Somos Michelle e Xana. Imos ler o teu libro nesta semana que ten pinta de ser moi bonito.Cando bruno se enamora... uuuuu hahaha!!!
Un abrazo e moitas grazas.
Bos días Antón.
Hoxe Elisa e eu Lucía estamos moi agradecidas de que onte nos deras ese libro. Nós xa o empezamos a ler e é moi,moi,moi,moi,moi,pero que moi bonito. Moitas grazas.
Un bico e unha aperta de Elisa e Lucía.
Publicar un comentario