mércores, 23 de novembro de 2011

BIBLIOTECA EN SMARA. ¡POR FIN: "EL NIDO"!


Neste mesmo mes, adiantabamos en "Cadernos de 5º e 6º" o noso compromiso co Proxecto "Coñecernos para querernos". Un fermoso proxecto no que moitos nenos, nenas, e mozos e mozas, da man das Bibliotecas de ensino público de Ferrolterra, traballarán para intercambiar con outros nenos das mesmas idades, nos campamentos de refuxiados do Sahara, experiencias e vivencias. Tentaremos amosar a nosa realidade falándolles de como é a nosa vida, os nosos costumes, as nosas festas, a nosa paisaxe, a tradición, a música...
Onte recibimos un correo de Gonzalo Moure contándonos que, por fin hoxe, se faría realidade un soño, despois de anos moi duros e de moito esforzo: o NIDO, a Biblioteca pública en Smara.




Untitled from Jaime F. Pola on Vimeo.

Bubisher: un bibliobus para os campamentos de refuxiados saharauis. Xa funcionan dous bibliobuses, e agora, a biblioteca pública. O Bubisher II xa está en Ausserd, o segundo campamento (dos cinco) que queren cubrir.
Neste vídeo podedes ver unha panorámica de Ausserd:


Dende a Biblio Xoán Farias, noraboa de corazón.
Recibide os nosos mellores desexos.
Esperamos que esa BIBLIOTECA medre e se faga forte.

1 comentario:

Anónimo dixo...

Os nenos do SAHARA son moi pobres. Ti podes axudalos traendo ao cole de CEIP DE PAZOS lapis, libretas, etc... Por favor axudádeos, son moi pobres. Comparados con nós, nós somos millonarios e millonarias.