luns, 30 de xaneiro de 2012

DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E A PAZ

Hoxe, día 30 de xaneiro, data do aniversario da morte de Mahatma Gandhi (1869-1948), celébrase o "Día escolar da non violencia e da Paz" (DENIP) e nesta data o proxecto "Coñecernos para querernos" que estamos a levar a cabo cos rapaces e rapazas dos campamentos de refuxiados sahararuis en Tinduf fainos sentir, se cabe, máis preto de todos aqueles que como eles están a ser vítimas desas guerras esquecidas, eses conflitos ignorados pola comunidade internacional.

Cando eliximos este título para o noso proxecto, fixémolo convencidos do que ese "lema" significaba, fixémolo con plena conciencia do noso obxectivo principal, coñecer a quen está a loitar polos seus dereitos e, na medida das nosas posibilidades, loitar para que eses dereitos algún día, non moi lonxano, sexan recoñecidos e ese exilio ao que levan sometidos 35 anos cese dunha vez e consigan alcanzar un acordo definitivo de paz que permita a libre determinación do pobo saharaui.

E para que nos vaiamos coñecendo velaí tedes "101 imaxes, 101 abrazos para coñecernos, para aprender a querernos" chegados dende Smara para tod@s nós, para tod@s vós.


Hoxe, día da Non Violencia e a Paz, as bibliotecas escolares do Plambe-Ferrolterra implicados, a través do Bubisher, neste fermoso proxecto "Coñecernos para querernos" queremos berrar alto e forte "Deámoslle unha oportunidade á Paz" "Give peace a chance!"

Give peace a chance - John Lennon

Grazas, coma sempre, a Loly polo seu traballo.
Tamén podedes ver estoutra versión enviada pola biblio do "Peraliño". Grazas unha vez máis por compartir.

2 comentarios:

Ana Martínez dixo...

¡Qué lema máis bonito: "Conocernos para querernos"! Un video precioso. Feliz día da paz. Unha aperta.

ana dixo...

Ana y Dani dijeron...
conocernos para querernos es muy importante para un@ mismo y para querer a otros tambien.El video es impresionante como apesar de estar sometidos durante tantos años ell@s con su lucha y su esfuerzo siguen adelante cada día.Sus mejores respuestas son sus sonrisas.Para todo ese maravilloso pueblo y tantos como el enviamos nuestra total ayuda y las vibraciones más positivas.Un abrazo de luz