Naceu en Portsmouth, o 7 de febreiro de 1812 e pasou a maior parte da súa infancia en Londres e Kent. Charles Dickens non recibiu educación (en ningunha escola) ata os nove anos, pero era un lector voraz. Aos doce anos comezou a súa vida laboral nunha fábrica de betún, onde traballaba dez horas diarias poñendo as etiquetas aos botes. Máis tarde traballou nun bufete de procuradores, e despois empezou a escribir crónicas nalgúns periódicos. Casou con Catherine Hogarth. Tiveron dez fillos. Neste tempo empezou a escribir e a gañarse un gran prestixio. Viaxou a EEUU, Italia, Suíza e Francia. Coñeceu neste tempo a Alejandro Dumas (1802-1870) e a Xulio Verne (1828-1905).
Entre as súas obras máis importantes destacamos Oliver Twist; Conto de Nadal; David Copperfield (crese que é autobiográfica), o seu gran éxito, do que chegou a vender 100.000 exemplares en moi pouco tempo; Tempos difíciles ou Grandes esperanzas.
Morreu o 9 de xuño de 1870 e foi enterrado no "Recanto dos poetas", na Abadía de Westminster. Daquela circulou un epitafio impreso que dicía: «foi simpatizante do pobre, do miserable, e do oprimido; e coa súa morte, o mundo perdeu a un dos máis grandes escritores ingleses»

Se queredes, aquí podedes ver algúns vídeos dalgunhas das súas obras levadas ao cine...
Ningún comentario:
Publicar un comentario